Aparato xustaglomerular
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aparato xustaglomerular é unha estrutura renal que regula o funcionamento de cada nefrón. O seu nome débese á súa proximidade ao glomérulo: está localizado na zona de contacto entre a arteríola aferente que chega ao glomérulo polo polo vascular do corpúsculo renal, e o túbulo contornado distal do nefrón. Esta localización é fundamental para a súa función, xa que lle permite detectar tanto variacións na presión do sangue que chega ao glomérulo pola arteríola aferente, como a composición do filtrado final que sae do nefrón, antes de verterse no túbulo colector. En función das variacións detectadas, esta estrutura segregra a hormona renina, fundamental para a regulación da homeostase corporal.
No aparato xustaglomerular distínguense tres tipos de células distintas: as células xustaglomerulares (o 6 no esquema), as células da mácula densa (o 7) e as células mesanxiais extraglomerulares (o 5b).[1]