Aparello fonador
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aparello fonador ou aparello vocal consiste no conxunto de órganos da fala e os músculos que os accionan. A súa función está sobreposta ás actividades fisiolóxicas primarias (respirar, comer), polo que, en esencia, non se pode falar de "aparello fonador": certos órganos resultaron evolutivamente útiles á produción dos sons da linguaxe, pero na fala interveñen tamén o cerebro, o sistema nervioso e os órganos da audición.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde abril de 2020.) |