Armadura (música)
conxunto de alteracións propias da escala escritas ao principio do pentagrama / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na notación musical, a armadura de tonalidade, tamén chamada armadura de clave ou simplemente armadura, é o conxunto de alteracións propias da escala (díeses ou bemoles) que, escritas despois da clave e ao principio do pentagrama, sitúan unha frase musical nunha tonalidade específica. A súa función é determinar que notas deben ser interpretadas de maneira sistemática un semitono por encima ou por baixo das súas notas naturais equivalentes, a menos que tal modificación se realice mediante alteracións accidentais.[1]