As xoias da Castafiore
volume de banda deseñada das aventuras de Tintín / From Wikipedia, the free encyclopedia
As xoias da Castafiore (en francés: Les Bijoux de la Castafiore) é o vixésimo segundo álbum da serie As aventuras de Tintín, escrita e debuxada por Hergé. Prepublicada na revista Tintín entre o 4 de xullo de 1961 e o 4 de setembro de 1962, apareceu como álbum independente en 1963. A primeira edición en galego foi en 1985 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.
As xoias da Castafiore | |
---|---|
Lombo da edición en galego. | |
Título orixinal | Les Bijoux de la Castafiore |
Autor/a | Hergé |
Ilustrador/a | Hergé |
Orixe | Bélxica |
Lingua | Francés |
Colección | As aventuras de Tintín |
Xénero(s) | Aventuras |
Editorial | Casterman |
Data de pub. | Seriada: 4 de xullo de 1961 ao 4 de setembro de 1962 |
Formato | Seriada en Tintín (revista), con recompilación en álbum |
Páxinas | 62 |
ISBN | ISBN 84-261-0333-2 |
Precedido por | Tintín no Tíbet |
Seguido por | Voo 714 para Sidney |
Editor | Editorial Juventud |
Tradución | Valentín Arias López |
[ editar datos en Wikidata ] |
As xoias da Castafiore constitúe un curioso divertimento que se desmarca do habitual nos álbums de Tintín: é o único libro da serie onde as personaxes permanecen en Moulinsart, a residencia familiar do capitán Haddock e nin viaxan ao estranxeiro nin se enfrontan a perigosos delincuentes. A trama refírese á visita da cantante de ópera Bianca Castafiore e ao posterior roubo da súa esmeralda.
Aínda que As xoias da Castafiore recibiu aclamacións da crítica pola súa humorística representación dos seus personaxes seguindo un rastro de arenques vermellos (Un recurso literario coñecido como, a falacia da pista falsa), non logrou o éxito comercial de volumes anteriores debido á natureza experimental da súa narración. Publicouse como álbum por Casterman pouco despois da súa conclusión. Hergé continuou As aventuras de Tintín con Voo 714 para Sidney, mentres que a serie pasou a ser unha parte definidora da tradición da banda deseñada franco-belga. A historia adaptuse para a serie de animación de 1991 Ellipse / Nelvana As aventuras de Tintín e a dramatización de 1992-3 da BBC Radio 5 das aventuras.