organización anarcosindicalista internacional From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación Internacional dos Traballadores (AIT, ou IWA) é unha organización transnacional anarquista que une a sindicatos de diferentes países de ideoloxía antiautoritaria, na súa maioría anarcosindicalistas, aínda que tamén federa organizacións de traballadores con fins revolucionarias. O seu lema oficial na actualidade é: «Contra a globalización, internacionalismo proletario. Nin guerra entre pobos nin paz entre clases».
Asociación Internacional dos Traballadores | |
Nome oficial | Asociación Internacional de los Trabajadores |
Ano fundación | 1922 |
Ideoloxía | anarcosindicalista |
Ámbito | internacional |
Sede central | actualmente en Belgrado, Serbia |
Secretario xeral | Ratibor Trivunac |
Web oficial | http://www.iwa-ait.org/ |
Entre o 25 de decembro de 1922 e o 2 de xaneiro de 1923 diversos grupos anarcosindicalistas refundaron en Berlín a AIT, trazando as súas orixes na Primeira Internacional (1864-1876) e considerándoa continuadora desta.
Entre o 8 e o 10 de decembro de 2006, no 23º Congreso da organización, celebrado en Manchester (Inglaterra), decidiuse mudar a sede de Oslo (Noruega), a Belgrado (Serbia), onde estará ata o 2011.
Denomínanse seccións ós sindicatos nacionais adheridos á AIT. So pode haber unha sección por país.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.