especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O fento negro (Asplenium adiantum-nigrum L. 1753) é un fento da familia botánica Aspleniaceae. Aparece en Galiza.
Fento negro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Asplenium adiantum-nigrum' L. 1753 |
É un fento que acada os 10 a 30 cm de altura, ten un talo escamoso (en realidade é un rizoma curto) con follas triangulares, bi ou tri-pinnadas. Estas follas, teñen de 3 a 15 cm de longo e 2,5 a 7,5 cm de largo, con pinnas dentadas, nacen dun longo pecíolo de brillante cor marrón-negra, polo menos, na base.
Os soros están protexidos por un indusium alongado, producen as esporas, entre abril e outubro, o seu xeito de propagación é polo vento. Reprodúcese tamén asexualmente, a través do rizoma.
A miúdo atopámolo nos bordos de camiños, sebes, veigas, ou en muros vellos.
En Europa é considerada unha das plantas propias da asociación vexetal Androsacion vandellii P., Asarinion procumbentes, é dicir, propia de rochas silíceas das montañas. Nos Estados Unidos de América atópase frecuentemente nos bosques de Pinus ponderosa ou en matogueiras de montaña, polo xeral por riba dos 1.500 m de altitude.
Indicacións: é pectoral. Úsanse as follas.[1]
Asplenium adiantum-nigrum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1081. 1753.[2]
O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a Idade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo).
adiantum-nigrum: epíteto que significa coma o "Adiantum negro".
Número de cromosomas de Asplenium adiantum-nigrum (Fam. Aspleniaceae) e táxones infraespecíficos: n=72[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.