álbum de banda deseñada de Astérix From Wikipedia, the free encyclopedia
Astérix na terra dos belgas[1] (en francés: Astérix chez les Belges) é o vixésimo cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración),[2] publicado orixinalmente en 1979. Foi a derradeira historia de Astérix escrita por Goscinny, quen morreu durante a súa produción.[3]
Astérix na terra dos belgas | |
---|---|
Título orixinal | Astérix chez les Belges |
Autor/a | René Goscinny |
Ilustrador/a | Albert Uderzo |
Cuberta | Albert Uderzo |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Dargaud Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1979 1998 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 50 |
ISBN | ISBN 84-8288-185-X |
Precedido por | Obélix et Compagnie |
Seguido por | O gran foxo |
Tradución | Antonio Pichel (1998) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1998.[1][4]
Os romanos do campo fortificado de Laudanum quedan traumatizados despois dunha campaña en Bélxica, motivo polo que até o propio Xulio César describe ós belgas como os máis valentes de tódolos pobos da Galia. Abaracúrcix, ultraxado, decide ir el mesmo para defender a reputación dos galos celtas, e Astérix e Obélix acompáñano con pouco entusiasmo.
Unha vez en Bélxica, os galos coñecen unha tribo belga e deciden organizar un concurso arbitrado polo mesmo Xulio César para que sexa el quen diga quen son os máis valentes, mais César ten outros plans.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.