Astérix o Galo
álbum de banda deseñada da serie de Astérix / From Wikipedia, the free encyclopedia
Astérix o Galo[1][2] (en francés: Astérix le Gaulois) é o primeiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Prepublicado na revista Pilote no n°1 (29 de outubro de 1959) e no n°38 (14 de xullo de 1960) e publicado como álbum en outubro de 1961.[3]
Datos rápidos Astérix o Galo, Título orixinal ...
Astérix o Galo | |
---|---|
Título orixinal | Astérix le Gaulois |
Autor/a | René Goscinny |
Ilustrador/a | Albert Uderzo |
Cuberta | Albert Uderzo |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Dargaud Mas-Ivars |
Data de pub. | 1961 1977 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 48 |
ISBN | ISBN 978-84-216-8535-8 |
Seguido por | O fouciño de ouro |
Tradución | Eduardo Blanco Amor (1977) Antonio Pichel (1996) Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto (2010) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor en 1977.[1][4][5][6] En 1996 publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Antonio Pichel Lorenzo.[7] En novembro de 2010 publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto pola Editorial Salvat.[8][9]