Club Atlético de Madrid
club de fútbol español / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Atlético de Madrid S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol.
Datos rápidos Atlético de Madrid, Nome ...
Atlético de Madrid | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Atlético de Madrid, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Atleti, Colchoeiros[1] | |||
Fundación | 26 de abril de 1903 | |||
Estadio | Wanda Metropolitano, Madrid, España | |||
Inauguración | 16 de setembro de 2017 | |||
Capacidade | 67.829 | |||
Presidente | Enrique Cerezo | |||
Adestrador | Diego Simeone | |||
Liga | Primeira División | |||
2020–21 | 1º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Na rede | ||||
http://www.clubatleticodemadrid.com/ | ||||
| ||||
Pechar
O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón. O Atlético de Madrid é o terceiro club con máis títulos de liga (11), por detrás do Real Madrid e o FC Barcelona. Conta tamén con varios títulos continentais: dúas Europa League, dúas Supercopas e unha Recopa, ademais dunha Copa Intercontinental.
Actualmente o club ocupa o 5º lugar na clasificación histórica da Primeira División, por detrás do Real Madrid, FC Barcelona, Valencia CF e Athletic Club.