Atlas Catalán
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Atlas Catalán (en catalán: Atles Català) é o mapa cartográfico catalán máis importante da Idade Media, atribuído ó xudeu mallorquino Cresques Abraham. Non está asinado nin datado, mais sábese que a data aproximada de produción é 1375 polo rexistro que figura no calendario que o acompaña.[1]
É o primeiro atlas coñecido que incorpora unha rosa dos ventos, e é unha das xoias da colección da Biblioteca Nacional de Francia (París).[2]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/Atles_catal%C3%A0.jpg/640px-Atles_catal%C3%A0.jpg)