From Wikipedia, the free encyclopedia
O atol Kure (en hawaiano Mokupāpapa, historicamente Ocean Island) forma parte das illas de Sotavento de Hawai. Está situado no extremo oeste do arquipélago, a 91 km ao oeste de Midway.
Kure | |
---|---|
Datos | |
País | Estados Unidos |
Illa principal | Green Island |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitado |
Superficie | 0´86 km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | 2 |
Coordenadas | 28°25′N 178°20′O |
Maior Altura | |
Localización | |
Kure é o atol máis setentrional do mundo. Está cerca do que se chama "punto Darwin", a latitude onde o crecemento dos arrecifes de coral é igual ás forzas que provocan a súa erosión. O atol ten unha forma case circular de 10 km de diámetro. A altitude máxima é de 6,1 metros. Só hai dous illotes significativos ao sur do arrecife, Green Island e Sand Island, formando unha superficie total de 0´86 km².
O atol Kure leva o nome do capitán ruso Kure, que o descubriu en 1827, co barco Moller. A historia de Kure está chea de naufraxios e rescates. En 1837 naufragou o capitán Brown co barco inglés Gledstanes. Durante cinco meses sobreviviron no illote Green. Cos restos do naufraxio construíron unha barca que chegou a Honolulú onde o cónsul británico organizou o rescate. En 1843 repetiuse a mesma historia co baleeiro norteamericano Parker. En 1870 a expedición norteamericana do USS Saginaw, que fora ao atol Midway, decidiu explorar Kure por se atopaba algún náufrago. Estragouse o motor e estampáronse contra os arrecifes. Cinco voluntarios fixeron a viaxe en barca ata Kauai, pero chegaron tan extenuados que envorcaron na praia e só sobreviviu un.
En 1886 o rei Kalākaua tomouna en posesión polo reino de Hawai co nome de Moku Papapa. Construíron un refuxio con provisións para os posibles náufragos. Durante a segunda guerra mundial construír unha base militar e unha estación de transmisión de radio para a navegación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.