Atol Maloelap
From Wikipedia, the free encyclopedia
Maloelap é un atol de 75 illas no océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ratak nas Illas Marshall. A súa superficie é de 9´8 km², pero que encerra unha lagoa de 973 km². Atópase a 18 km. ó norte do atol de Aur. En 1999, a poboación das illas do atol era de 856 habitantes.
Máis información Maloelap, Datos ...
Maloelap | |
---|---|
Datos | |
País | Illas Marshall |
Illa principal | Tao |
Linguas | |
Poboación (2002) | 796 hab. |
Superficie | 9´8 km² |
Superficie lagoa | 973 km² |
Nº de illas | 75 |
Coordenadas | 08°45′00″N 171°04′00″L |
Maior Altura | 9 m. |
Localización | |
Pechar
As maiores das illas que conforman o atol son Taroa (o centro administrativo do atol), no nordés, e Kaben no noroeste. Só tres das outras illas no atol están habitadas: Airuk, Wolot e Jang. A illa está servida por Air Marshall Islands a través do aeroporto de Maloelap.