![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/60/Augusto_C%25C3%25A9sar_Sandino.jpg/640px-Augusto_C%25C3%25A9sar_Sandino.jpg&w=640&q=50)
Augusto César Sandino
político nicaraguano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Augusto Nicolás Calderón Sandino, máis coñecido como Augusto César Sandino, nado en Niquinohomo o 18 de maio de 1895 e finado en Managua o 21 de febreiro de 1934, foi un campesiño, patriota e revolucionario nicaraguano. Está considerado heroe Nacional de Nicaragua, e xunto co poeta Rubén Darío constitúe a máxima expresión da Nacionalidade Nicaraguana. É alcumado «Xeneral de Homes Libres».
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Augusto Nicolás Calderón Sandino ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de maio de 1895 ![]() Niquinohomo (Nicaragua) ![]() |
Morte | 21 de febreiro de 1934 ![]() Managua (Nicaragua) ![]() |
Causa da morte | homicidio ![]() |
Lugar de sepultura | Lago Manágua (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Nicaragua ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Güiana Francesa ![]() |
Ocupación | político , líder militar , revolucionario ![]() |
Período de actividade | 1927 ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Blanca Aráuz |
![]() |
Foi un líder da resistencia nicaraguana contra o exército de ocupación estadounidense no seu país. Trala retirada das forzas estadounidenses, foi asasinado a traizón polo Xeneral Anastasio Somoza García, Xefe Director da Guardia Nacional creada polos EUA, quen tiña un proxecto político persoal para o que Sandino era un estorbo. Foi asasinado xunto co seu irmán Sócrates Sandino e mailos seus lugartenentes por membros da Guardia Nacional en Managua. As súas accións e ensinanzas foron a base ideolóxica para a fundación, anos máis tarde, da Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN).