Avelaíña
insecto da orde dos lepidópteros / From Wikipedia, the free encyclopedia
As avelaíñas, matacandís ou velairiñas[1] son insectos tamén chamados bolboretas nocturnas,[2] pertencentes á orde dos lepidópteros. Teñen hábitos nocturnos, se ben é certo que tamén hai especies crepusculares e diúrnas. Antes estaban clasificadas no grupo Heterocera, que xeralmente era considerado suborde, pero este é un grupo polifilético, que xa non se utiliza nas clasificacións máis modernas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2012.) |
Máis información Clasificación científica ...
Avelaíña | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Opodiphthera eucalypti | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
|
Pechar
Moitas especies de avelaíñas son moi ben coñecidas no seu estadio larvario a causa dos danos que causan á froita e outros produtos da agricultura, ou mesmo aparellos domésticos como roupa e libros, dada a voracidade das eirugas.