British Broadcasting Corporation
Compañía da radio e da televisión pública británicas / From Wikipedia, the free encyclopedia
O tempo reservado para executar os scripts rematou. A British Broadcasting Corporation (en galego, Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo[1]. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo. É independente de controis comerciais e políticos operando baixo un estatuto real que garante dita independencia. A BBC é ademais un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, fundada no 1952 en Torquay, Reino Unido.