Boletín Oficial del Estado
diario oficial do Estado español, órgano de publicación de leis, disposicións e actos de inserción obrigatoria / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Boletín Oficial del Estado (ou, na forma abreviada, BOE) é o diario oficial do Estado Español do que se encarga a Axencia Estatal do Boletín Oficial del Estado, dependente do Ministerio da Presidencia, e no que se publican as normas xurídicas e outras disposicións e actos de inserción pública obrigatoria.
O seu obxectivo é poñer á disposición de tódolos administrados os textos legais de obrigado cumprimento, sendo esta publicación o requisito imprescindible para a entrada en vixencia desas normas. Por tal motivo é unha publicación de referencia para todo xurista e persoa relacionada coa Administración central, aínda que afecte a tódolos cidadáns.