Babettes gæstebud
filme de 1987 dirixido por Gabriel Axel / From Wikipedia, the free encyclopedia
Babettes gæstebud é un filme dinamarqués de 1987 dirixido por Gabriel Axel. O guión do filme foi escrito por Axel e baséase nunha historia de Isak Dinesen (Karen Blixen). Foi producido por Just Betzer, Bo Christensen e Benni Korzen con orzamento do Instituto de Cinema Dinamarqués. Babettes gæstebud foi o primeiro filme dinamarqués a partir dunha historia de Blixen así como o primeiro filme dinamarqués en gañar o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa.[1] O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1987.[2]
Datos rápidos Babettes gæstebud, Ficha técnica ...
Babettes gæstebud | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Babettes gæstebud |
Director | Gabriel Axel |
Produtor | Just Betzer Bo Christensen Benni Korzen Pernille Siesbye |
Guión | Gabriel Axel |
Baseado en | Historia de Karen Blixen |
Intérpretes | Stephane Audran Birgitte Federspiel Bodil Kjer |
Música | Per Nørgård |
Fotografía | Henning Kristiansen |
Montaxe | Finn Henriksen |
Estudio | Nordisk Film |
Estrea | 28 de agosto de 1987 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Dinamarca |
Xénero | Drama |
Recadación | 4,4 millóns de dólares (USA) |
Na rede | |
Pechar