Bandeira da República Popular da China
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño.
Bandeira da China | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 27 de setembro de 1949 |
Cores | Vermello Amarelo |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas". É izada todos os días na Praza Tian'anmen polo Exército Popular de Liberación co himno da Marcha dos Voluntarios, aínda que cando a data é 1 de outubro, día nacional chinés, a bandeira ízase cunha cerimonia especial previa ao desfile militar.