Bandeira de Åland
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira das Illas Åland componse dun fondo azul sobre o cal se superpón unha dobre cruz escandinava en amarelo ouro e vermello. Esta bandeira xorde dunha fusión entre as bandeiras de Suecia e a primitiva bandeira de Finlandia. A bandeira está deseñada por franxas horizontais en razón 16:3:4:3:26 e verticais en 12:3:4:3:12.