Barbara Hutton
From Wikipedia, the free encyclopedia
Barbara Woolworth Hutton, nada en Nova York o 14 de novembro de 1912 e finada en Beverly Hills o 11 de maio de 1979 foi unha celebridade, debutante, herdeira e filántropa estadounidense. Foi chamada "pobre nena rica" ("Poor Little Rich Girl") primeiro cando lle deron un luxoso e caro baile de presentación en sociedade en 1930, no medio da Gran Depresión, e despois debido a súa problemática vida privada.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1912 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de maio de 1979 (66 anos) Beverly Hills, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Woodlawn |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Miss Porter's School (en) |
Actividade | |
Ocupación | socialité |
Período de actividade | 1933 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Pierre Raymond Doan Vinh na Champasakti (1964–) Gottfried von Cramm (1955–1959) Porfirio Rubirosa (1953–1954) Igor Troubetzkoy (1947–1951) Cary Grant (1942–1945) Kurt von Haugwitz-Reventlow (1935–) Prince Alexis Mdivani (1933–) |
Fillos | Lance Reventlow () Kurt von Haugwitz-Reventlow (en) |
Pais | Franklin Laws Hutton (en) e Edna Woolworth (en) |
Herdeira dun terzo das propiedades do magnate Frank Winfield Woolworth, Barbara Hutton foi unha das mulleres máis ricas do mundo. A súa infancia quedou marcada polo suicidio da súa nai cando ela tiña catro anos e o abandono do seu pai, que a levou a unha vida con dificultades para establecer relacións. Casada e divorciada en sete ocasións, recibiu grandes títulos estranxeiros, mais foi tratada maliciosamente, e en ocasións explotada, por varios dos seus maridos. Mentres en público era envexada polas súas posesións, a súa beleza e a súa aparente vida de lecer, en privado era profundamnete insecura, e ás veces buscaba refuxio no alcohol, as drogas e os homes.
Hutton tivo un fillo, Lance Reventlow, co seu segundo marido, mais era unha nai inconsistente e insegura e o posterior divorcio acabou nunha amarga batalla pola custodia. Máis adiante sufriu de anorexia nerviosa e quizais evitou novos embarazos. O seu fillo faleceu nun accidente de avión en 1972 con 36 anos, deixándoa devastada.