From Wikipedia, the free encyclopedia
A Basketbol Süper Ligi (BSL), tamén coñecida como Tahincioğlu Basketbol Süper Ligi por motivos de patrocinio, é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino de Turquía. A entidade encargada da súa organización é a Federación de Baloncesto Turquía (TBF), pertencente á FIBA Europa. Actualmente compiten nela 16 equipos, os que, ao final da temporada, os dous últimos descenden á Türkiye Basketbol Ligi. Desde a súa fundación no ano 1966, até once equipos diferentes conseguiron erguer o trofeo de campión. Os clubs que máis títulos teñen gañado son o Anadolu Efes, con dezaseis veces, e o Fenerbahçe, con dez, nove deles desde a temporada 2006−07. A BSL é a competición sucesora do Türkiye Basketbol Şampiyonası que se celebrou entre 1946 e 1967.
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Turkish Basketball Federation (en) |
Liga superior | Euroleague Basketball |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | Turquía |
Vixencia | 1966 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Cobertura dos medios de comunicación | Tivibu Spor (2018–) Q21527133 (2018–) TRT Spor (en) (2019–) BeIN Sports (Türkiye) (en) (2012–2018) NTV Spor (pt) (2015–2018) |
Páxina web oficial | bsl.org.tr |
De acordo a rexistros oficiais, o baloncesto xogouse por vez primeira en Turquía no ano 1904 no Robert College de Istambul grazas á colaboración dun profesor de educación física. Sete anos máis tarde (1911), Ahmet Robenson, outro profesor de educación física, introduce o xogo aos estudantes do Instituto Galatasaray. Este sería o berce do Galatasaray S.K., o club de baloncesto máis antigo de Turquía, do cal o propio Robenson sería presidente. Grazas á popularización do xogo nacería un segundo club, o Fenerbahçe S.K. A primeira competición non oficial xurdiría na propia Istambul en 1927, permanecendo até o estabelecemento do primeiro torneo oficial en 1927.
A partir de 1946 os campionatos de baloncesto estaban formados polos clubs máis importantes de Istambul, Ancara e Esmirna. Esta situación, de ligas locais, permanecería até o 13 de decembro de 1966, cando por medio de Federación Turca de Baloncesto comenza o seu camiño a Liga de Baloncesto de Turquía. A primeira temporada sería a 1966−67. A liga de segunda división comezaría a andar tres anos despois.
Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da Basketbol Süper Ligi.
Equipo | Cidade | Rexión | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|---|
Aliağa Petkim Spor | Esmirna | Exeo | Enka Spor Salonu | 2.500 |
Anadolu Efes | Istanbul | Mármara | Sinan Erdem | 16.000 |
Bahçeşehir Koleji | Istanbul | Mármara | Ülker Spor Salonu | 13.059 |
Beşiktaş | Istanbul | Mármara | Akatlar | 3.200 |
Darüşşafaka | Istanbul | Mármara | Volkswagen Arena | 5.240 |
Fenerbahçe Beko | Istanbul | Mármara | Ülker Spor Salonu | 13.800 |
Frutti Extra Bursaspor | Bursa | Mármara | Tofaş Spor Salonu | 7.500 |
Galatasaray Nef | Istanbul | Mármara | Sinan Erdem | 16.000 |
Gaziantep Basketbol | Gaziantep | Anatolia Sueste | Karataş Şahinbey | 6.400 |
Konyaspor Basketbol | Konya | Anatolia Central | Selçuklu Belediyesi | 4.200 |
Manisa Büyükşehir Belediye Spor | Manisa | Exeo | Muradiye Spor Salonu | 3.500 |
ONVO Büyükçekmece Basketbol | Istanbul | Mármara | Gazanfer Bilge | 3.000 |
Pınar Karşıyaka | Esmirna | Exeo | Karşıyaka Arena | 5.000 |
Tofaş | Bursa | Mármara | Tofaş Spor Salonu | 7.500 |
Türk Telekom | Ancara | Anatolia Central | Ankara Spor Salonu | 10.400 |
Yukatel Merkezefendi Belediyesi Basket | Denizli | Exeo | Pamukkale Üniversitesi | 5.000 |
Club | Campionatos | Temporadas |
---|---|---|
Anadolu Efes | 16 | 1979, 1983, 1984, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2009, 2019, 2021, 2023 |
Fenerbahçe | 10 | 1991, 2007, 2008, 2010, 2011, 2014, 2016, 2017, 2018, 2022 |
Eczacıbaşı | 8 | 1976, 1977, 1978, 1980, 1981, 1982, 1988, 1989 |
İTÜ | 5 | 1968, 1970, 1971, 1972, 1973 |
Galatasaray | 5 | 1969, 1985, 1986, 1990, 2013 |
Ülkerspor | 4 | 1995, 1998, 2001, 2006 |
Tofaş | 2 | 1999, 2000 |
Beşiktaş | 2 | 1975, 2012 |
Karşıyaka | 2 | 1987, 2015 |
Altınordu | 1 | 1967 |
Muhafızgücü | 1 | 1974 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.