Batalla de Covadonga
From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Covadonga é un episodio mítico[1] da historia de España que tería lugar en 722 en Covadonga, unha paraxe próxima a Cangas de Onís (Asturias), entre o exército de Paio e tropas musulmás, que resultaron derrotadas. Da tal eventual acción bélica non existen relatos contemporáneos, e as primeiras referencias aparecen século e medio despois, na Crónica Albeldense.
A narración da batalla conta con trazos inverosímiles, e está en tea de xuízo que os árabes, que cun exército estimado nuns cinco ou dez mil homes "destruíron case até o exterminio"[2] "a todos os exércitos dos godos" "en 714"[2] (Rodrigo reinou só entre 710 e 711), decidisen enviar desde Córdoba até Cangas de Onís, só sete anos despois, coa organización e custos asociados, un exército de "187 000 homes de guerra"[2] para combater contra as tres ducias de guerrilleiros que poderían caber na Cova de Onga[3]
A historiografía nacionalista española ten en Covadonga un dos seus mitos fundacionais[4]. Así pois, desde esa óptica, "fronte á catastrófica invasión musulmá[5], un reducido grupo de heroes salvou na batalla a "esencia" da patria española[6] e conseguiu iniciar un proceso de Reconquista que rematará coa conquista do Reino de Granada[7] e na construción definitiva da "nación española, católica e unitaria".[8]