![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/59/Pelennorbattlemap.svg/langgl-640px-Pelennorbattlemap.svg.png&w=640&q=50)
Batalla dos Campos de Pelennor
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Batalla dos Campos de Pelennor é unha batalla ficticia narrada na terceira parte da novela O Señor dos Aneis, do escritor británico J. R. R. Tolkien.
Datos rápidos Data, Lugar ...
Batalla dos Campos de Pelennor | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de a Guerra do Anel | |||||||
![]() Gráfico das posicións e movementos das forzas en combate. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
![]() ![]() Dúnedain do Norte |
![]() ![]() Rhûn Variags de Khand | ||||||
Líderes | |||||||
Gandalf Aragorn Denethor II† Théoden† Imrahil |
Rei Bruxo de Angmar† Gothmog | ||||||
Forzas en combate | |||||||
5.000 defensores en Minas Tirith (2.000 da gornición da cidade e 3.000 procedentes dos feudos, incluídos 700 cabaleiros de Dol Amroth) Reforzos rohirrim (6.000 xinetes) Exército de reforzo de Gondor proveniente dos feudos do sur (1.000 sureños e 33 Dúnedain do Norte) |
Entre 70 000 e 100 000 (estimado) | ||||||
Baixas | |||||||
4.000 gondorianos e 2.000 rohirrim mortos | Descoñecidas |
Pechar
A batalla comezou co asalto das forzas de Sauron á cidade de Minas Tirith, a capital do reino de Gondor, preto da fin da Guerra do Anel, o 14 e 15 de marzo do ano 3019 da Terceira Idade do Sol, tan só dous días despois da Batalla de Pelargir, na que Aragorn, a Compañía Gris e o exército dos mortos derrotaron ós corsarios de Umbar e roubaron os seus barcos. Este suceso converteuse na maior batalla da Guerra do Anel.
Os campos de Pelennor (campos da cidade) están comprendidos nunha chaira entre a fortificada Minas Tirith e un antigo muro exterior chamado Rammas Echor.