Beatriz dos Países Baixos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Beatriz dos Países Baixos (Beatrix Wilhelmina Armgard van Orange-Nassau), nada en Baarn o 31 de xaneiro de 1938, foi a raíña do Reino dos Países Baixos entre o 30 de abril de 1980 e o 30 de abril de 2013, cando abdicou en favor do seu fillo Guillerme Alexandre. Filla da raína Xiana e o príncipe Bernardo, desde a súa abdicación é Princesa dos Países Baixos, Princesa de Orange-Nassau e Princesa de Lippe-Biesterfeld.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Beatriz dos Países Baixos | |
---|---|
Princesa dos Países Baixos | |
Beatriz dos Países Baixos. | |
Reinado | 30 de abril de 1980 - 30 de abril de 2013 |
Nome completo | Beatrix Wilhelmina Armgard van Oranje-Nassau en Lippe-Biesterfeld |
Nacemento | 31 de xaneiro de 1938 (86 anos) Baarn, Países Baixos |
Predecesor | Xiana dos Países Baixos |
Herdeiro | Guillerme Alexandre dos Países Baixos |
Sucesor | Guillerme Alexandre dos Países Baixos |
Consorte | Claus von Amsberg (1980-2002) |
Descendencia |
|
Casa real | Orange-Nassau |
Proxenitores | Bernardo de Lippe-Biesterfeld Xiana dos Países Baixos |
Na rede | |
En 1940 Beatriz e o resto da familia real marchou ao exilio trala invasión alemá dos Países Baixos. Trala liberación (1945) volveu ao país. O 28 de xaneiro de 2013 anunciou a súa decisión de abdicar o 30 de abril, trixésimo terceiro aniversario da súa investidura real, a favor do herdeiro, o seu fillo o príncipe Guillerme Alexandre dos Países Baixos.[1]