Ben Hogan
golfista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
William Benjamin Hogan, nado en Stephenville (Texas) o 13 de agosto de 1912 e finado en Fort Worth o 25 de xullo de 1997, foi un golfista estadounidense. Gañou nove torneos maiores: o Campionato da PGA de 1946 e 1948, o Aberto dos Estados Unidos de 1948, 1950, 1951 e 1953, o Masters de Augusta de 1951 e 1953, e o Aberto Británico de 1953. Tamén logrou catro segundos postos no Masters de Augusta, dous no Aberto dos Estados Unidos, 25 top 5 e 40 top 10 en 58 torneos maiores disputados.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1912 Stephenville, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 25 de xullo de 1997 (84 anos) Fort Worth, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Green B. Trimble Technical High School (en) |
Altura | 1,68 m |
Peso | 69 kg |
Actividade | |
Ocupación | golfista |
Período de actividade | 1930 - 1971 |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Conflito | Segunda guerra mundial |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | golf |
Premios | |
Páxina web | benhogan.com |
Pechar
Hogan liderou a lista de ganancias do PGA Tour en cinco tempadas: 1940, 1941, 1942, 1946 e 1948. Obtivo 64 vitorias no circuíto estadounidense (13 delas en 1946 e 10 en 1948), o que o coloca cuarto na historia.