Berrogüetto
grupo galego de música folk moderna / From Wikipedia, the free encyclopedia
Berrogüetto foi un grupo galego, de música folk moderno, activo entre 1996 e 2014[1]. Algúns dos compoñentes de Berrogüeto formaron parte anteriormente do grupo Matto Congrio, xunto a outros artistas como Carlos Núñez. O seu primeiro disco, Navicularia, supuxo unha gran revolución no panorama da música folk, polo seu innovador estilo partindo de melodías tradicionais. No ano 2002 foron nomeados aos premios musicais Grammy Latino 2002 na categoría de "Mellor álbum folk"[2][3].
Datos rápidos Orixe, Período ...
Berrogüetto | |
---|---|
Orixe | Galiza |
Período | 1996–2014 |
Xénero(s) | Folk |
Selo(s) discográfico(s) | Boa Music |
Membros | Guadi Galego, Anxo Pintos, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Quico Comesaña, Quim Farinha, Santiago Cribeiro e Isaac Palacín. |
Na rede | |
Berroguetto.com | |
Pechar