From Wikipedia, the free encyclopedia
O biótopo (do grego βίος - bios = vida + τόπoς = lugar, ou sexa, lugar onde se encontra vida) é o espazo físico, natural e limitado onde habita unha determinada biocenose ou comunidade. Trátase dunha unidade ambiental ocupada por organismos de diversas especies que posúen un hábitat relativamente uniforme. A noción de biótopo foi creada polo zoólogo alemán Ernst Haeckel (1834-1919) e exposta no seu libro General Morphology (1866). Este concepto tamén serve para determinar unha área ou tipo de área que, dende o punto de vista ecolóxico, posúe características semellantes.
O seu tamaño é moi relativo: pode ser tan grande como un océano onde habitan unha gran diversidade de animais e plantas, ou pode ser tan pequeno como o acuario dunha casa onde habitan uns poucos peixes. Nalgunhas ocasións é fácil describir o límite dun biótopo, como cando se produce un cambio brusco no medio como por exemplo nunha poza ou un lago, máis noutras o límite non está tan claro, xa que este acontece de forma gradual.
O biótopo fai referencia entre outros factores á superficie o volume que ocupa a biocenose recoñecendo así un edafotopo o referido ao substrato, un climátopo en canto ás características climáticas, e un hidrótopo tendo en conta os aspectos hidrográficos, en cambio o hábitat e o ambiente físico ou xeográfico no que habita unha poboación ou especie co que reúne as condicións axeitadas para que dita especie poida alimentarse e reproducirse.
As principais características dun biótopo son:
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Biótopo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.