Biblioteca Ánxel Casal
biblioteca pública en Santiago de Compostela / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Biblioteca Ánxel Casal é unha biblioteca pública da cidade de Santiago de Compostela, en Galicia. Está situada nun edificio de nova construción, cunha superficie de 5.000 m2. En 2010 contaba cunha colección de 90.000 títulos, a meirande parte deles de libre acceso, e un total de 418 postos de lectura.
É unha das bibliotecas nodais das seis que se integran na Rede de Bibliotecas de Galicia.
O nome da biblioteca provén de Ánxel Casal, antigo alcalde da cidade e fundador da Editorial Nós[1]