Biblioteca de Autores Galegos
colección literaria de Diario 16 de Galicia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Biblioteca de Autores Galegos é unha colección de 90 libriños correspondentes a 63 obras da literatura galega, case todas en lingua galega[lower-alpha 1] e case todas de autores consagrados[lower-alpha 2], publicada de 1991 a 1992 por Diario 16 de Galicia,[1] coa colaboración da Editorial Galaxia e o patrocinio de Caixavigo e a Caixa de Pontevedra. Segundo a Diciopedia do século 21 "foi unha experiencia anovadora para popularizar o libro en galego".[2]
A distribución da colección coincidiu no tempo con outra de formato moi semellante, a Biblioteca 114 de El Correo Gallego.