![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a8/LOC_Main_Reading_Room_Highsmith.jpg/640px-LOC_Main_Reading_Room_Highsmith.jpg&w=640&q=50)
Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Biblioteca do Congreso é unha biblioteca de investigación que serve oficialmente ó Congreso dos Estados Unidos de América, pero que é de facto a biblioteca nacional dos Estados Unidos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1b/2000_Library_of_Congress_Commemorative_Bimetallic_Ten-dollar_Proof_Obverse.jpg/640px-2000_Library_of_Congress_Commemorative_Bimetallic_Ten-dollar_Proof_Obverse.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a8/LOC_Main_Reading_Room_Highsmith.jpg/640px-LOC_Main_Reading_Room_Highsmith.jpg)
É a máis antiga institución cultural federal do país. Segundo John Cole, trátase da meirande e máis internacional biblioteca do mundo. Atribúelle estas características polos seus grandes e influentes líderes, como Ainsworth Rand Spofford (1864–97), Herbert Putnam (1899–1939), Luther Evans (1945–53) e James H. Billington (1987–). Cole dixo que todos eles "afirmaron e agrandaron o concepto de Thomas Jefferson de que a Biblioteca do Congreso é unha institución nacional que debería ser universal no seu alcance e dispoñible para todos".[1]
Localizada en tres edificios do Capitol Hill e do Campus Packard Campus de Virxinia, é descrita como a meirande biblioteca do mundo.[2] Porén, as medicións que o afirman teñen unha utilidade limitada por mor da gran variedade de xeitos de catalogación empregados polas institucións.