From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha bicicleta de montaña, tamén chamada bicicleta todo terreo ou BTT, é unha bicicleta apta para ser empregada en terreos accidentados. Foi inventada nos Estados Unidos como variante da bicicleta de ciclo cross e coñeceu unha gran popularidade en España na década de 1990.
Para responder satisfactoriamente ao uso que é habitual nunha bicicleta de montaña, os seus compoñentes deben ser especialmente resistentes aos esforzos mecánicos e tamén á acción da auga e da lama. As bicicletas de montaña contan con sistemas de cambio de velocidades especialmente amplos para adaptar o pedaleo ás diversas variacións do terreo.
O 60 % das bicicletas vendidas en todo o mundo dende 1985 son de montaña, aínda que só a metade chega a rodar sobre camiños de terra.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.