materia orgánica que se emprega como fonte de obtención de enerxía, ou aquelo que se refire a obter enerxía coa combustión de madeira ou outros materiais orgánicos From Wikipedia, the free encyclopedia
A biomasa, entendida como unha fonte de enerxía, é o termo que acolle á masa vexetal, fitomasa, e masa animal, zoomasa, que se emprega para xerar outras formas de enerxía, en esencia por combustión. A fitomasa é masa vexetal producida polas comunidades vexetais, que relizan a fotosíntese para xerar a súa biomasa, e a zoomasa é son os restos animais ou excrecións.[1] A fitomasa inclúe a leña e poda, a residuos forestais e agrícolas e subprodutos de industrias de transformación da madeira.
Algúns sectores industriais considérana unha enerxía renovable. Porén, non existen un consenso científico, xa que implica unha liberación neta de carbono á atmosfera, unha maior degradación dos solos e un risco para as zonas de conservación da biodiversidade.[2][3]
A biomasa como unha fonte de enerxía é unha das fontes que recibiron máis atención desde o 2000. Arguméntase que é unha fonte de enerxía de fácil obtención en zonas onte as reservas de combustibles fósiles non existen ou non abundan.[1] Algúns sectores refírense a este método de obtención de enerxía chamándolle enerxía renovable despois de argumentar que a liberación de carbono a atmosfera, por combustión, é menor que a enerxía consumida para o transporte da biomasa ás plantas de produción.[2][3]
Porén, dentro do sector científico existen unha ampla crítica a este método e non o consideran como unha fonte de enerxía renovable.[3] A queima de biomasa supón unha emisión neta de carbono á atmosfera, o que facilita o actual cambio climático.[1][3] Ademais, a produción de biomasa implica un maior risco de degradación de áreas conservadas, unha maior necesidade de explotación de solo, a liberación de material contaminante ás augas e un incremento na polución agrícola. Pode supor ademais un risco global de competencia polo aproveitamento de solos xa que se necesitan extensións importantes para produción de alimentos e carnes en granxas. O aumento na extensión de monocultivos, tanto animais como vexetais, reduce a biodiversidade dos solos aproveitados. Pode supoñer un retroceso na conservación de áreas protexidas e a degradación de ecosistemas para especies en risco de extinción.[3]
Considerándoa a escala global, estimase que o potencial de produción de enerxía con biomasa sería só arredor do 5% da enerxía total consumida no planeta no ano 2006.[3] Por iso, inda que a produción neta de enerxía sexa positiva, non satisfai as necesidades en termos absolutos da poboación mundial como para substituír ningunha outra fonte de enerxía, como os recursos fósiles.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.