From Wikipedia, the free encyclopedia
Bob Sinclar, nado co nome de Christophe LeFriant en Bois-Colombes o 10 de maio de 1969, é un músico francés do chamado French touch, subxénero musical nado da música house e o dancehall. É tamén coñecido como The Mighty Bop, Chris the French kiss ou Reminiscence Quartet.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Christophe Le Friant 10 de maio de 1969 (55 anos) Bois-Colombes, Francia |
Datos persoais | |
Outros nomes | Bob From Paris Africanism Reminiscence Reminiscence Quartet The Mighty Bop Chris The French Kiss Desmond K Yellow Productions |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | DJ de club , compositor , disc-jóckey , produtor musical |
Período de actividade | 1987 - |
Xénero artístico | House |
Lingua | Lingua francesa |
Instrumento | Teclado electrónico |
Selo discográfico | Yellow Productions (pt) Armada Music (pt) Defected Records (pt) |
Páxina web | bobsinclar.com |
Amais de DJ, mesturador e produtor discográfico é co-propietario (xunto con DJ Yellow) da casa discográfica «Yellow Productions». Logrou acadar a popularidade a nivel mundial, cos seus temas Love Generation e World, Hold On do seu álbum Western Dream do ano 2006. Os temas son interpretados por Gary Nesta Pine en «Love Generation» e Steve Edwards en «World Hold On».
Sinclar comezou a súa carreira como DJ cando tiña 18 anos de idade, con nome de Chris The French Kiss. O seu primeiro éxito foi "Gym Tonic", o cal foi coproducido por Thomas Bangalter de Daft Punk. O seu coro foi quitado dun vídeo de exercicios de Jane Fonda. Mais foi en 2005 cando acadou maior éxito co seu hit "Love Generation", que chegou aos primeiros postos das listas de popularidade de todo o mundo, ademais de que foi unha das cancións oficiais do Mundial de Fútbol Alemaña 2006. Os seus seguintes sinxelos, "World", "Hold On" e "Rock this Party (Everybody Dance Now)" tamén chegaron ao top 10 de moitos países.
Ademais, creou o proxecto Africanism, onde un conxunto de artistas producen música house cunha combinación de sons latinos, tribais e de jazz.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.