Borgoña-Franco Condado
From Wikipedia, the free encyclopedia
Borgoña-Franco Condado (en francés: Bourgogne-Franche-Comté) é unha das 18 rexións administrativas de Francia. A súa conformación actual é debedora da reforma territorial de 2014, mediante a cal se fusionaron as rexións de Borgoña e do Franco Condado, as súas predecesoras. A nova entidade rexional configurouse oficialmente o 1 de xaneiro de 2016, tralas eleccións rexionais de decembro de 2015.[1]
Datos rápidos Localización, Capital ...
Bourgogne-Franche-Comté (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Capital | Besançon Dijon | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.800.194 (2021) (58,6 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 47.784 km² | ||||
Punto máis alto | Crêt Pela (en) (1.495 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 2016 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Marie-Guite Dufay (pt) (2016–) | ||||
ISO 3166-2 | FR-BFC | ||||
Código NUTS | FRC | ||||
INSEE region code (en) | 27 | ||||
Páxina web | bourgognefranchecomte.fr | ||||
Pechar
A rexión ten unha superficie de 47 784 km2 e arredor de 2 820 940 habitantes (segundo datos de 2015). A cidade máis poboada e capital da rexión é Dijon. Está formada por 8 departamentos: Côte-d'Or, Doubs, Haute-Saône, Jura, Nièvre, Saône-et-Loire, Territoire de Belfort e Yonne.