British Council
From Wikipedia, the free encyclopedia
O British Council (en galego Consello Británico) é unha institución pública do Reino Unido, un instituto cultural cuxa misión é difundir o coñecemento da lingua inglesa e a Cultura do Reino Unido mediante a formación e outras actividades educativas. Ademais diso, esta institución pública cumpre unha función relevante para mellorar as relacións exteriores do Reino Unido. As súas sedes principais están localizadas en Manchester e Londres. Foi fundada en 1934 co nome de British Committee for Relations with Other Countries.
Este instituto é equivalente ao Instituto Camões portugués, ao Instituto Cervantes español, ao Goethe-Institut alemán, á Sociedade Dante Alighieri italiana, á Alliance Francaise, e ao Kǒngzǐ Xuéyuàn (Instituto Confucio) da China. Todos eles traballan para divulgar as súas respectivas culturas por todo o mundo.