For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Cárter.

Cárter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cárter é un recipiente metálico que protexe e asegura a lubrificación de certos mecanismos. Debe o seu nome ao enxeñeiro inglés J. Harrisson Carter que o propuxo durante unha exposición das bicicletas Sunbeam en 1889 vindo a ser adoptado pola marca a partir de 1897.[1]

Cárter do motor

O cárter envolve a parte inferior do motor aloxando a cambota e protexendo as partes móbiles de obxectos estraños. Ten funcións distintas consoante o tipo de motor en que estea aplicado.

Motor a dous tempos
Motor a dous tempos

Motores a dous tempos

Nun motor a dous tempos o cárter está selado pois, coa subida do pistón, ten que se crear un baleiro que leve á entrada de nova cantidade de mestura ar/combustíbel. Canto o pistón sobe, a mestura pasa da zona do cárter para o cilindro.[2]

A diferenza dos motores a catro tempos o aceite do motor non está no cárter, sendo mesturado co combustíbel e o ar proporcionando así a lubrificación das partes móbiles.

Motores a catro tempos

O cárter asegura a lubrificación das partes móbiles do motor e protexe a cambota e bielas das agresións do exterior. O chamado cárter superior é fundido xuntamente co bloque do motor e nel se encontran os apoios da cambota.

O cárter inferior é unha especie de taboleiro no cal cae o aceite de lubrificación que é espallado nas áreas móbiles do motor.

Cárter húmido

Este tipo de cárter, o máis frecuente en vehículos de serie, ten unha dimensión adecuada (catro a seis litros) para conter todo o aceite de lubrificación. Na súa superficie inferior posúe unha tapa de rosca a través da cal é posíbel baleirar todo o seu contido.

O aceite aquí almacenado é colocado en circulación a través da bomba de aceite que o espalla nas zonas móbiles do motor. Dos cilindros e dos apoios da cambota cae novamente para o cárter e volve a ser dispersado nun ciclo sucesivo.

Nivel de aceite

No seu nivel máximo o aceite do cárter non atinxe a cambota pois, se o fixese, a elevada rotación desta provocaría un "burbullar", que, en última instancia, dificultaría a acción da bomba de aceite e podería provocar serios danos ao vehículo.

Cando o aceite está nun nivel reducido, e no caso de curvas a alta velocidade ou travaxes bruscas, o óleo pódese desprazar ao longo do cárter por acción da forza centrífuga ou da inercia deixando as entradas dos tubos de aspiración para a bomba de aceite descubertos impedindo esta de o facer chegar aos locais adecuados e podendo provocar graves danos ao motor.

Cárter seco

No sistema de cárter seco o aceite é almacenado nun reservatorio exterior sendo aspirado do cárter (que así pode ter unha dimensión menor pois non ten que almacenar o aceite) para ese depósito. Neste sistema hai dúas bombas de aceite: unha que aspira o aceite do cárter para o reservatorio exterior e outra que o coloca en circulación para as zonas adecuadas.

A pesar de ser máis dispendioso, máis pesado e máis complexo, este sistema presenta algunhas vantaxes especialmente, fronte ao menor volume do cárter, permitir colocar o bloque motor nunha posición máis próxima do solo diminuíndo así o centro de gravidade do vehículo e mellorando a estabilidade aerodinámica. O depósito exterior pode conter un maior volume de aceite, unha presión máis estabilizada e sistemas adicionais de arrefecemento do aceite. A ausencia de mestura con gases do motor pode aínda significar mellorías na dispoñibilidade de potencia do motor. [3]

Este tipo de cárter é máis frecuente nos motores dos vehículos de competición.

Ventilación do cárter

Durante o funcionamento do motor, unha pequena cantidade de combustíbel non consumido na deflagración no cilindro ben como gases de escape poden atravesar os segmentos dos pistóns e chegar ao cárter.[4] Se estes gases se mantiveren e condensaren no interior do cárter provocarán a dilución do óleo e diminuíndo así as súas propiedades lubrificantes. A presenza de auga pode aínda provocar a oxidación dalgunhas das pezas do motor.

Para contrariar esta situación hai un sistema de ventilación do cárter que lle fornece ar fresco do filtro de ar e que sae, atravesando unha válvula especial colocada no propio cárter, para o colector de admisión. Este, estando a unha menor presión do que o cárter, ten un efecto de succión sobre os gases presentes impedindo a súa concentración.

Motores antigos ou danados poden xerar fugas significativas de vapores a través dos segmentos dos pistóns para o cárter, fugas que o sistema de escoamento do ar non consiga aspirar. En consecuencia pode haber perda de potencia e ser necesario rectificar o motor.

Cárter da distribución

As correntes e engrenaxes do sistema de distribución do motor, que asegura a transmisión do movemento da cambota á árbore de levas cando está situada á cabeza e a outros mecanismos están protexidas por unha tapa metálica chamada cárter de distribución.

Notas

  • ARIAS-PAZ, Manuel: Manual de Automóbiles.
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Cárter
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.