Colo uterino
From Wikipedia, the free encyclopedia
O colo uterino ou colo do útero,[1] tamén chamado cérvix uterino (ou, abreviadamente, cérvix),[2] é unha parte do aparato reprodutor feminino formada pola porción inferior máis estreita do útero por onde este se comunica coa vaxina. Ten forma cilíndrica e cónica e fai protrusión na parede vaxinal superior. Aproximadamente a metade da súa lonxitude pode verse desde a vaxina co equipamento médico axeitado. O colo uterino ten unha abertura que permite que os espermatozoides e o fluído menstrual pasen a través del para entrar e saír do útero.[3] O cérvix produce a secreción dun moco espeso en determinados momentos do ciclo menstrual e no embarazo, que funciona como un tapón. O cancro de colo uterino é un dos cancros máis importantes na muller.
Máis información Latín, Gray's ...
Colo uterino | |
---|---|
Aparato reprodutor feminino en vista frontal | |
Latín | cervix uteri |
Gray's | pág.1259 |
Sistema | Aparato reprodutor feminino |
Arteria | arteria vaxinal, arteria uterina |
Precursor | Conduto de Müller |
MeSH | Cervix+uteri |
Dorlands/Elsevier | cervix uteri |
Pechar