lingüista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
César Oro García, nado na Veiga (Lalín) en 1924[1] e finado en Washington, D.C. o 16 de marzo de 2013[2], foi un lingüista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1924 A Veiga, España |
Morte | 16 de marzo de 2013 (88/89 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade da Habana Universidade Atlántica de Florida |
Actividade | |
Ocupación | lingüista , catedrático |
Lingua | Lingua castelá |
Estudou en Monterroso, Mondoñedo, País Vasco (cos padres pasionistas) e Melide. Renunciou ao sacerdocio. Na Coruña cursou estudos de Náutica, pero embarcou rumbo a Cuba. Traballou e estudou na Universidade da Habana, e aos poucos meses marchou aos Estados Unidos.
En Miami desempeñou varios oficios e seguiu estudando na Florida Atlantic University. Na década de 1970 comezou a publicar traballos sobre lingua castelá. Despois de pasar pola Universidade de Maryland rematou a súa tese, e converteuse en profesor da Universidade de Howard[3].
Na Howard University foi profesor e investigador do departamento de Linguas Romances, chegando a ser un dos máis importantes especialistas en literatura medieval española e galego-portuguesa. Foi membro da Sociedad Nacional Hispánica e The American Association of Teachers of Spanish and Portuguese (AATSP). En 1985 participou no Congreso Internacional sobre Rosalía e no II Congreso de Estudos Galegos da Brown University, en 1988.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.