Código hexadecimal
From Wikipedia, the free encyclopedia
O código hexadecimal ou sistema hexadecimal é un sistema de numeración posicional que representa os números en base 16 —polo tanto empregando 16 símbolos—.
Está vinculado á informática, xa que os computadores adoitan utilizar o byte ou octeto como unidade básica da memoria; e, debido a que un byte acada valores posíbeis, e que isto pode representarse como , que, segundo o teorema xeral da numeración posicional, equivale ao número en base 16 , dous díxitos hexadecimais corresponden exactamente —permiten representar a mesma liña de enteiros— a un byte.
Isto faino moi útil para a visualización de descargas de memoria xa que permite saber de xeito sinxelo o valor de cada byte da memoria.
Debido ao sistema de numeración decimal xeralmente usado para a numeración só dispór de dez símbolos, débese incluír seis letras adicionais para completar o sistema. O conxunto de símbolos fica, polo tanto, así:
Nótese que , e así sucesivamente. Tamén se usan variantes con letras minúsculas no canto de maiúsculas.