Código máquina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Código máquina é a semi-tradución de machine code (=código da máquina): unha restra de códigos (palabras) que está escrita na linguaxe de máquinas e polo tanto que pode ser comprendida directamente pola CPU dunha computadora.
Formalmente, pódese definir o Código máquina como o sistema de códigos directamente interpretable por un circuíto microprogramable, como a CPU dun ordenador ou o microcontrolador dun autómata (un PLC) . Este código consta dun conxunto de instrucións que determinan as accións a ser tomadas pola máquina. Un programa de computador consiste nunha cadea destas instrucións de linguaxe de máquina (máis os datos). Estas instrucións son normalmente executadas en secuencia, con eventuais cambios de fluxo causados polo propio programa ou eventos externos. O código máquina é específico de cada máquina ou arquitectura da máquina, aínda que o conxunto de instrucións dispoñibles poida ser similar entre elas.
Cada palabra ou código correspóndese cunha instrución que a CPU efectúa fisicamente e ten asignado un número. Se a lonxitude destes números nun código máquina dado, no sistema de numeración binario, é de 1 byte, dise que este código máquina é un bytecode.