Cónsul romano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Levou o nome de Cónsul a maxistratura romana formada que substituíu a monarquía á fronte do Estado (Véxase República Romana). Cada ano elixíanse dous cónsules.
Roma | |
---|---|
Monarquía | |
República | |
Imperio | |
Principado | Dominado |
Imperio de Occidente | Imperio de Oriente |
Maxistrados Ordinarios: | |
Maxistrados Extraordinarios: | |
|
|
Oficiais e Títulos: | |
| |
Institucións e normas: | |
|
|
Progresivamente van perdendo atribucións: primeiro algunhas facultades xudiciais civís e criminais (delegadas en Cuestores ou Decenviros nomeados en cada caso); despois as súas decisións deberon ser referendadas polo Senado; despois perdeu a administración do Tesouro (en favor dos Cuestores) e a dos arquivos públicos; despois perdeu o control das arcas do exército (en favor dos Cuestores Militares); máis tarde perdeu as súas funcións de censor (en favor dos Censores) e de nomear as vacantes do Senado (tamén atribuídas aos Censores); despois perdeu a facultade de nomear Cuestores (que pasou aos comicios tribunados); logo perdeu outras atribucións xudiciais (en favor do Pretor); despois as competencias sobre festas, policía e mercados (en favor dos Edís Curuis), e tamén a facultade de nomear ditador (que pasou ao Senado). Ao final só conservaba algunhas funcións menores, o poder executivo das leis e o mando do Exército.
As funcións dos cónsules, ao aumentar o territorio, houberon de ser delegadas para cada provincia: primeiro en cuestores insulares con funcións consulares (nas illas desde o -227.) e despois coa figura do procónsul (ou propretor) para Hispania Citerior e Ulterior (-197.).
No -190 estableceuse que para acceder ao Consulado debía pasarse con anterioridade polas maxistraturas inferiores, cun tempo de inactividade prefixado entre cada maxistratura (véxase cursus honorum). Como ocorreu coa censura, esta disposición fixo que o consulado fose accesíbel case en exclusiva á aristocracia.
Os Cónsules foron patricios ata as Leis do -367(387 de Roma). Do 387 ao 412 de Roma, a cuestión é debatida, con alternativas; do 412 ao 581 de Roma, houbo un cónsul patricio e un plebeo; desde o 582 de Roma, ostentan o cargo ben un patricio e un plebeo ou ben dous plebeos, e nunca dous patricios.