O termo director executivo, así como director xeral, director xerente, executivo delegado, xefe executivo, presidente executivo, principal oficial executivo, conselleiro delegado ou primeiro executivo, adoitan usárense indistintamente para facer referencia á persoa encargada da máxima autoridade da xestión e dirección administrativa nunha organización ou institución.

Aínda que nas pequenas empresas é habitual que o posto de presidente e de director executivo recaia na mesma persoa, non sempre é desta maneira, e adoita ser o presidente quen encabeza o goberno corporativo (estratexias xerais), e o director executivo quen representa a administración da empresa (a fase operativa das estratexias).

Nas grandes empresas o director executivo pode contar cunha serie de directores para cada unha das responsabilidades da compañía, como é o caso do director de operacións, o director de finanzas e o director de información.[1]

No inglés utilízase normalmente o termo chief executive officer (director executivo) así como o seu acrónimo CEO, ou ben managing director (MD, director xeral), para designar este posto directivo.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.