From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comisión Nacional do Mercado de Valores, coñecido abreviadamente polas siglas CNMV (en castelán, Comisión Nacional del Mercado de Valores) é un organismo dependente da Secretaría de Estado de Economía y Apoyo a la Empresa do Ministerio de Economía. Fundado en 1988, é o encargado da supervisión dos mercados de valores en España.
O seu obxectivo é velar pola transparencia destes mercados e a correcta formación de prezos nos mesmos, así como a protección dos investidores. No exercicio destas competencias recibe un importante volume de información, gran parte da cal está contida nos seus rexistros oficiais e é de carácter público.
A acción da CNMV como órgano de control céntrase principalmente sobre:
Sobre eles a Comisión exerce unha supervisión de carácter prudencial buscando garantir a seguridade das súas transaccións e a solvencia do sistema. Tamén a través da Axencia Nacional de Codificación de Valores, asigna o código ISIN con validez internacional a todas as emisións de valores que se realizan en España.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.