Unidade central de procesamento
compoñente principal do ordenador e outros dispositivos programables / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha unidade central de procesamento (UCP) ou CPU (inglés: central processing unit)[1] é un circuíto electrónico dunha computadora que leva a cabo as instrucións dun programa informático realizando as tarefas básicas aritméticas, lóxicas, de control e de entrada/saída especificadas polas instrucións.
O termo CPU comezouse a empregar na industria informática a comezos da década dos 60,[2] e adoita empregarse tradicionalmente para referirse ao propio procesador e á unidade de control, facendo distinción entre estes elementos e outros coma a memoria ou os compoñentes de entrada/saída.[3]
O formato, deseño e posta en funcionamento das CPU foron evolucionando ó longo da súa historia, pero o seu funcionamento fundamental segue sendo o mesmo que nos seus comezos. Os dous compoñentes principais dunha CPU son a unidade aritmético-lóxica (ALU), que realiza operacións aritméticas e lóxicas, e a unidade de control (CU), que extrae, descodifica e executa as instrucións dende a memoria, empregando a ALU cando é necesario.[4]