From Wikipedia, the free encyclopedia
O cabelo ( pronunciación (axuda · info)) ou pelo é a continuación da pel cornificada, e contén unha fibra de queratina, constituída por unha raíz e unha base, que se forma nun folículo da derme, e constitúe o trazo característico da pel. Cada un dos pelos consiste nunha raíz localizada nun folículo piloso e nun tallo que se proxecta cara a arriba por enriba da superficie da epiderme. A raíz agrándase na súa base. A zona papilar está composta de tecido conxuntivo e vasos sanguíneos, que proporcionan ao xeito as substancias necesarias para o seu crecemento.
Unha glándula sebácea desemboca dentro de cada folículo. Existe un feixe de fibras musculares lisas unidas a cada pelo. A contracción dos músculos fai que o pelo se levante, cambiando así o seu ángulo con relación á pel. Este proceso incrementa as posibilidades aislantes da cuberta do pelo, proporcionando así un mellor abrigo contra o frío.
O talo comprende tres capas. A medula, que consiste en células queratinizadas, laxamente unidas, e que está presente soamente nos pelos máis grosos (pelo de garda). O espazo intercelular está cheo de aire. A medula está rodeada da cortiza, fortemente adherida. Na cortiza fíxanse a maioría dos gránulos de pigmento. A súa superficie áchase cuberta cun tegumento, no que as células poden estar adheridas ou ben separadas nas porcións terminais, formando escamas.
O pelo sofre continuadas modificacións. Cando termina de crecer, a reprodución das células indiferenciadas da base do folículo tamén se detén, a raíz faise progresivamente máis estreita, e as células que se atopan encima da papila sofren un proceso de cornificación. Finalmente, a raíz sepárase da papila do pelo, e este cáese. Antes de que se desprenda, iníciase a formación dun novo pelo na base do folículo.
En sentido unitario (é dicir, no que respecta a cada pelo), pode haber deles distintos tipos:
O cabelo en conxunto (é dicir, a cabeleira), segundo a súa estrutura e aparencia física, pode ser lacio, ondulado, rizado ou moi rizado.
As variacións máis importantes na aparencia física da cabeza son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.