Unha cadea de música (ou cadea Hi-Fi) é un conxunto de elementos electrónicos e acústicos destinados á reprodución de fontes sonoras procedentes de distintos medios de almacenamento con calidade de acordo coas normas Hi-Fi.

Thumb
Unha cadea de música Telefunken de 1969.

Composición

Thumb
Unha cadea de música composta de varios elementos de marcas diferentes.

Unha cadea de música componse de diferentes elementos entre os cales poden estar:

  • un amplificador de son;
  • un preamplificador de lámpadas;
  • un receptor de radio (tamén chamado sintonizador de radio, sintonizador ou tuner);
  • un lector de rexistros sonoros:
    • un lector de CD,
    • un lector de DVD,
    • unha platina de discos de vinilo,
    • un magnetófono de banda magnética ou un casete,
    • un lector de minidiscos;
  • un porto USB para dispositivos de memoria USB;
  • unha entrada son/vídeo externa;
  • un ecualizador
  • caixas acústicas (altofalantes, demoniandas ás veces tamén baffles);
  • un moble ou mobiliario adecuado;
  • cabos de alta cualidade.

Historia

Artigo principal: Historia do rexistro do son.
Thumb
Unha mini cadea de alta fidelidade Aiwa.

As primeiras cadeas conñecidas polo gran público foron os tocadiscos estéreo, que se dedenvolveron co nancemento do disco microsuco de 33 ⅓ rpm.

A chegada do CD (Compact Disc ou disco compacto), a comezos dos anos 1980, marca a fin dos discos de vinilo e, ao mesmo tempo, permitiu a fabricación de cadeas de alta fidelidade de mellor cualidade en termos de relación sinal-ruído.

A aparición de novas técnicas de compresión e de codificación, a comercialización de novos soportes (disco láser, DVD, minidisco, Super Audio CD) conduciron aos fabricantes a propoñer equipos adaptados e estas innovacións.

As cadeas preséntabanse entón ben de forma compacta, cunha soa caixa que reúne todos os elementos coa excepción dos altofalantes, ben baixo a forma de elementos separados, que poden se de marcas diferentes.

Nos anos 2000, a emerxencia da electrónica dixital deu lugar a novas variantes das cadeas de alta fidelidade, baixo a forma de minicadeas equipadas con conectores USB para conectar un lector de MP3, ou baixo a forma de "estacións de escoita" destinadas aos MP3. Pero estes produtos non responden aos criterios moi severos da alta fidelidade.

Varios construtores, como Cabasse, Focal JMlab ou Triangle Industries, propoñen hoxe equipos de alta gama para satisfaces aos audiófilos máis exixentes.

Fabricantes de material para cadeas de música

  • Air Tight | Akai | Akira | Apertura | Apogee | Artcoustic | Atoll électronique | Audiomat | Audio Research
  • Burmester | Bowers & Wilkins | Bang & Olufsen | Bose
  • Cabasse | CEC | Copland | Creek
  • Davis Acoustics | Denon | DCS
  • Elipson | Etalon
  • Ferguson Hill | Focal JMlab
  • Goldmund | Grundig
  • Höher
  • Icos
  • Jadis | JBL | JM Reynaud | Jeff Roland | JVC
  • Kenwood | Krell | KTR
  • Lavardin | LG
  • Marantz | Mark Levinson | Martin Logan | Meridian | Monitor Audio
  • NAD Electronics | Naim Audio
  • Onkyo | Orbitsound
  • Panasonic | Philips | Pioneer | Primare | ProAc
  • Quad
  • Rega | Rotel
  • Samsung | Scott | Sennheiser | Sonus faber | Sony | Sphynx | Stax
  • Technics | Tensai | Thomson | Triangle Industries
  • Venus Acoustic
  • Yamaha | YBA | YG Acoustic

Véxase tamén

Outros artigos


Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.