Cadea trófica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cadea trófica, tamén coñecida como cadea alimenticia[1], (do grego trophé 'alimentación'), é a corrente de enerxía e nutrientes que se establecen entre as distintas especies dun ecosistema en relación coa súa nutrición. As cadeas sempre se inician cun produtor sendo os demais membros os consumidores. Non adoitan ter un gran número de elos (de 4 a 7 como máximo), xa que a enerxía vaise esgotando a medida que se pasa dun nivel cara ao seguinte, polo que adoitan seguir a regra do 10%, e dicir, aproximadamente o dez por cento da enerxía pasa dun nivel cara ao seguinte, e o resto (aproximadamente o 90%) pérdese en forma de calor etc.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cadea.