Caja Mágica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Caja Mágica (en galego: Caixa Máxica) é un complexo polideportivo,[1] principalmente adicado ao tenis e ao baloncesto, situado en Madrid, España. Localízase no Barrio de San Fermín, no distrito de Usera, a beiras do río Manzanares. Foi presentada como a instalación de tenis máis moderna do mundo e como a infraestrutura estrela da candidatura madrileña para os Xogos Olímpicos de 2016. Nestas instalacións xoga os seus partidos a sección de baloncesto do Real Madrid.
O complexo deportivo foi deseñado polo arquitecto francés Dominique Perrault.[2] Os materiais principais empregados na Caixa Máxica, de forma cubicular, son o aceiro, o aluminio e o vidro. Estrutúrase ao redor de dous edificios principais, La Caja Mágica e o Tenis Indoor.
A Caja Mágica alberga tres pistas con cubertas móbiles, instaladas de terra batida. A pista central (chamada oficialmente Estadio Manolo Santana) ofrece capacidade para 12.442 persoas. As pistas menores dispoñen de 3.194 (Estadio Arantxa Sánchez Vicario) e 2.730 asentos respectivamente. O Tenis Indoor alberga once pistas cubertas de menor tamaño. Dispón así mesmo das instalacións correspondentes á súa función como club deportivo.
A Caja Mágica foi inaugurada o 8 de maio de 2009 cun concerto do cantante de rock Lenny Kravitz. Desde ese ano, é a sede do Torneo Masters de Tenis de Madrid. Utilizarase a pista Manolo Santana para os partidos de baloncesto do Real Madrid Real Madrid. A canle de vídeos musicais MTV tamén celebrou os seus premios MTV Europe Music Awards 2010 na Caixa Máxica o 7 de novembro de 2010.
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caja Mágica |