From Wikipedia, the free encyclopedia
Calírroe (ou en grego Καλλιρρόη), tamén coñecida coma Xúpiter XVII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta a través do proxecto Spacewatch residente no Observatorio Kitt Peak, entre os días 6 de outubro ó 4 de novembro do ano 1999,[2] e orixinariamente fora designada coma un asteroide, o asteroide 1999 UX18.[3][6] Tim Spahr descubriu que en realidade orbitaba Xúpiter o 18 de xullo do ano 2000 e a lúa recibiu a designación provisional de S/1999 J 1.[1][7] O cal confirmaba a esta lúa coma a décimo sétima lúa de Xúpiter.[2]
Descubrimento[1] | |
---|---|
Descuberta polo | proxecto Spacewatch |
Descuberta dende o | Observatorio Kitt Peak[2] |
Descuberta no | Out-Nov de 1999 |
Designacións alternativas e temporais |
Xúpiter XVII |
Características orbitais [4] | |
Eixo semi-maior | 24 103 000 km |
Excentricidade | 0,2829 |
Período orbital | 758,77 d (2,1 a) |
Inclinación | 147,167° |
Anomalía media | 152,818 |
Lonxitude do nodo ascendente | 89,00° |
Argumento do perihelio | 30,477° |
Satélite de | Xúpiter |
Características físicas | |
Radio medio | ~8,6 km[5] |
Albedo | 0,04 (asumido) |
Magnitude aparente | 20,7 |
Calírroe ten uns 8,6 quilómetros de diámetro,[5] e orbita Xúpiter a unha distancia media de 24,1 millóns de kms, tarda 758 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 141° con respecto á eclíptica (140° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,28. Calírroe ten unha magnitude aparente de 20.7,[5] o que a fai un pouco menos brillante có planeta anano Eris que ten unha magnitude 18,7.[8] Xúpiter é 2,5 millóns de veces máis brillante cá Calírroe.[9] Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002, Calírroe na mitoloxía grega era filla do deus Aqueloo, deidade do río do mesmo nome, Calírroe tamén foi unha das moitas conquistas de Zeus (Xúpiter).[10]
Coma exercicio de navegación, a sonda New Horizons tomou imaxes da lúa o 10 de xaneiro do 2007.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.