Caldeira volcánica
depresión onde un volcán evacuou todo o magma / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha caldeira volcánica é unha gran depresión con forma de caldeira que se forma por afundimento despois de que un volcán evacúa todo o magma da súa cámara de magma. Cando nunha erupción se emiten grandes volumes de magma nun curto período de tempo, pérdese o sostén estrutural da zona da codia terrestre que está sobre a cámara de magma. A consecuencia é que a superficie colapsa e afúndese sobre a cámara magmática en gran parte baleira, orixinando unha gran depresión na superficie, que pode ter desde un quilómetro a ducias de diámetro. Aínda que ás veces se describen como cráteres volcánicos, as características das caldeiras son realmente as dunha zona de afundimento, xa que se forman por subsidencia e colapso e non por outras causas, como un impacto. Só se coñecen sete colapsos deste tipo que formaron caldeiras desde o comezo do século XX, o máis recente o do volcán Bárðarbunga de Islandia.[1]